#TaldiaComoHoxe, un 9 de maio de 1986 falecía Ánxel Fole.
Ánxel Fole podería ser definido como o contador de Lugo. A súa habilidade coa escrita permitíalle reproducir a naturalidade da fala oral, facendo que os seus libros semellen unha conversa mantida nunha mesa Á lus do candil, nunha sobremesa no Incio, ou nunha taberna de Lugo.
Fole contou o rural da provincia de Lugo, na propia fala da súa xente, unha fala moi coidada e que é un bo exemplo, do seu profundo interese polas palabras, pero tamén da súa implicación na recuperación do galego, e de facer desta unha lingua normalizada. Unha boa mostra disto son os libros: Á lus do candil e Terra brava. Pero Fole, tamén narrou a cidade de Lugo, sendo proba disto os libros de Contos Néboa e Historias que ninguén cre. En definitiva, Fole foi unha das persoas que mellor coñeceu e retratou Lugo e as súas xentes.
Se queredes coñecer mellor a Ánxel Fole, podedes premer neste enlace (https://www.youtube.com/watch?v=Pnwl8b_kHU8) de Cultura Galega a entrevista que lle fixeron Claudio Rodríguez Fer, Margarita Ledo e Carlos Casares.
