Ángel Fraga Orosa

#PersonaxesdeOVelloCárcere 

Ángel Fraga Orosa

 

Hoxe, no día do mestre, queremos adicarlle o #PersonaxesdeOVelloCárcere ao mestre vilalbés Ángel Fraga Orosa.

Nado en Fabás (Goiriz, Vilalba) o 1 de febreiro de 1898, graduouse como mestre superior en Santiago de Compostela no ano 1917. En 1930 foi destinado a Viveiro, onde unha vez afincado chegou a ser presidente da Asociación de Mestres Nacionais do partido xudicial de Viveiro. Entrou na política da man de Izquierda Republicana, ocupando o cargo de tenente de Alcalde do Concello de Viveiro.

O 28 de xullo de 1936 entrou neste cárcere, onde pasaría os seus derradeiros días de vida. Durante os meses que habitou nesta prisión deixou constancia no seu diario das pragas de parasitos que sufrían e dos remedios para combatelas:

“Jabón de azufre desinfectante. ‘Vigantol’ rico en vitaminas, mejor que el aceite de bacalao. Granos, erupciones de piel. Con tintura de yodo a gotas. – Se empieza con 4 gotas a cada comida y se va aumentando 1 hasta 25…” 

Ángel foi executado ás 8 da mañá do 17 de decembro de 1936, á idade de 38 anos.

Agora, a súa historia ocupa un lugar na exposición permanente “O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra”.

 

 

Fontes:

📖 Listaxe María Jesús Souto:
http://www.lugo.es/cs/represion/ficha.jsp?id=1918&tipo=1&letra=F&pagina=17

📖 Exposición permanente “O Vello Cárcere. Da Guerra á Posguerra”

📖 Nuevo, Carlos (1977). «Antes e despois da guerra en Viveiro». O 36 na Galiza. Vigo: A Nosa Terra. pp. 31–35

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.