A #PersonaxesdeOVelloCárcere escollida para este mes é Ana Real Castelo. Recentemente, a súa neta Carmen P.G Granxeiro ven de estrear neste espazo un documental centrado na súa historia titulado “Alen dos Silencios”.
Ana tiña tan só seis meses cando entrou nesta prisión o 7 de febreiro de 1940, acompañada da súa nai Dolores Castelo Rego; seu pai, Leovigildo Real Prieto, uniuse a elas ao día seguinte. Os motivos da súa detención foron “auxilio a fuxidos” e “familiar fuxido”. Soltáronnos no mes de xuño dese mesmo ano.
A través da historia de Ana visibilízase a dos cativos que, debido ás circunstancias familiares derivadas da represión durante a guerra e a posguerra, acabaron tendo unha infancia interrumpida. No caso de Ana, non foi moi acuciante; malia iso, este acontecemento que foi silenciado durante décadas, agora sae á luz da man da súa neta Carmen.
Fontes:
📷 “Estrea en Lugo dun documental sobre memoria histórica: «A miña avoa entrou no cárcere sendo un bebé de 6 meses»” de La Voz de Galicia. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2026/02/24/span-langglestrea-lugo-dun-documental-sobre-memoria-historica-mina-avoa-entrou-carcere-sendo-bebe-6-mesesspan/0003_202602L24C6991.htm
