O #AdiviñaAdiviñanzaSonoro que compartimos onte nas nosas redes falaba dunha das pezas máis representativas sobre a historia da nosa cidade: o grupo escultórico situado na Praza Maior dedicado aos fundadores de Lucus Augusti.
Trátase dunha peza do escultor ourensán Ramón Conde, autor tamén doutra famosa escultura na nosa cidade -a do escritor lugués Ánxel Fole– situada na praza de Campo Castelo.
O grupo escultórico representa as figuras do emperador César Augusto e do seu legado Paulo Fabio Máximo, as estatuas teñen unha altura de dous metros están situadas sobre unha peana dun metro, ambas as dúas están sostendo o documento da fundación da cidade, un plano en planta do centro e unha maqueta da Muralla romana.