Saltar ao contido

Adiviña adiviñanza sonoro (IV): a resposta

O #AdiviñaAdiviñanzaSonoro de onte describía a pintura ‘Sorpresa del trigo’ (1936) pertencente a unha das mulleres pioneiras do século XX e do movemento vangardista. A trangresora, audaz, brillante e polifacética artista viveirense Maruja Mallo.

Este óleo de gran formato foi o punto de partida da serie ‘Religión del trabajo’, un conxunto de sete obras dedicadas aos traballos do campo e do mar e que a artista realizaría na Arxentina tras o seu exilio forzoso de 25 anos como consecuencia da Guerra Civil Española. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *