‘A POLBEIRA’
O artista lucense Honorio presenta nunha nova exposición temporal o proceso creativo da estatua ‘A Polbeira’, obra que preside a veciña praza da Mosqueira en honor ás polbeiras que alí se situaban tradicionalmente durante a romaría do San Froilán.
A través de 4 bocetos a grafito e tinta, 2 modelos de pequeno formato e 45 fotografías, podemos coñecer as diferentes fases deste traballo artístico, dende a súa concepción ata a instalación final neste entorno da cidade.
A mostra poderá visitarse dende o 10 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2023 na planta baixa do bloque de mulleres.
