«Juliette: los fantasmas regresan en primavera», Camille Jourdy

#LibroSalvado

«Juliette: los fantasmas regresan en primavera», Camille Jourdy

🌿 Con marzo chega a primavera… e tamén unha nova recomendación da #BibliotecaOVelloCárcere!

Aproveitando que o 17 se celebra o #DíadoCómicedoTebeo, propoñemos como #LibroSalvado «Juliette: los fantasmas regresan en primavera». Trátase dunha banda deseñada da ilustradora francesa Camille Jourdy (Chenôve, 1979) que, sen dúbida, atrapa desde a primeira viñeta.

Nun estilo propio e intimista, Jourdy somérxenos na historia de Juliette, unha moza que, en pleno proceso de crise, retorna á aldea para atoparse a si mesma. Alí reencóntrase coas pantasmas do pasado, que en realidade son antigos traumas familiares non resoltos.

A través dunha trama pausada, asistimos a esta nova cotidianidade e descubrimos temas profundos como a depresión, a carencia de ilusións ou as relacións familiares. Todo nunha linguaxe sinxela, luminosa e chea de autenticidade.

💬 Gustaranos coñecer as vosas impresións se o ledes!

O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.