Exposición temporal ‘Capturando a natureza’ – Álvaro Lamas 

Esta exposición representa unha oportunidade única para mergullarse no mundo natural a través do traballo do fotógrafo Álvaro Lamas e o seu proxecto “Lost in Woodlands Photography”.

“Capturando a Natureza” pode parecer un título xenérico, pero representa á perfección a esencia do proxecto. Trátase dunha escolma de imaxes que retratan algúns dos lugares máis emblemáticos da xeografía galega, así como doutras terras bañadas polo Cantábrico, como Asturias ou Cantabria. A través destas paisaxes, o autor transporta ao espectador a escenarios que destacan pola súa beleza, maxia e encanto.

Ás veces, as fotografías capturan grandes espazos como ruxintes fervenzas ou solpores en cantís vertixinosos. Noutras ocasións, un pequeno cogomelo agochado entre as follas pode converterse no protagonista, destacando a riqueza e os detalles máis minuciosos da natureza.

Con “Capturando a Natureza”, Álvaro Lamas invita ao público a redescubrir a beleza e o encanto do noso entorno natural desde unha nova e evocadora perspectiva

Do 14 de marzo ao 15 de maio do 2025

Celas de mulleres – 1ª planta

Exposición temporal ‘Capturando a natureza’ - Álvaro Lamas 
O Vello Cárcere
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.