“As doce en punto é a nova exposición da artista lucense María Mata
Esta mostra está composta por un conxunto de doce pezas no que o seu elemento principal é o papel.
Así, nunhas pezas, tanto técnica como soporte son, basicamente, papel de orixe vexetal
(gampi, sisal, bambú ou abacá). Todos foron tratados para conseguir unha textura fluída,
que despois de ser pigmentada permite debuxar sobre un lenzo todas as tramas. Noutras pezas, o papel foi empregado como “cor”, engadida a modo de collage sobre pintura tradicional (óleo ou acrílico).
A intención foi destacar o máis básico con simples trazos e que, a pesar da simpleza, se
diferencien as formas e o movemento. A incidencia da luz intervén de forma interesante
xa que alonga a obra máis aló do espazo físico que ocupa.
Dende o ano 2010 estou experimentando os usos do papel artesanal e as súas posibilidades como medio, deixando de ser mero soporte.”
María Mata
Do 15 de setembro ao 15 de novembro
2ª planta das celas de mulleres
