Saltar ao contido

Visitas Guiadas

Amplíanse os aforos para todas as actividades!

O aforo nas quendas de visitas pasa a ser de 35 persoas. Os horarios son:

  • Mañás: luns a domingo11:15h. e 12:30h.
  • Tardes: domingo a mércores17:00h., 18:15h., 19:30h., e xoves a sábado17:00h., 18:15h., 19:30h. e 20:45h.

Para os eventos, a nova cabida do Auditorio é de 49 persoas, mentres que no patio serán 53 persoas.

Por outra banda, e non menos importante, retomamos as visitas guiadas

Terá un aforo de 10 visitantes e unha duración aproximada de 45-60’ nos seguintes horarios:

  • (Público xeral) Visita guiada sobre a historia do edificio e a Memoria Histórica a través da exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra”:
    • Xoves e venres, 18:15h.
    • Sábados, 11:15h. e 18:15h.
    • Domingos, 18:15h.
  • (Público familiar) Visita guiada adaptadas as idades dos máis novos, sobre a historia do edificio e a Memoria Histórica a través da exposición permanente “O Vello Cárcere: da Guerra á Posguerra”:
    • Domingos, 11:15h.

Recomendamos inscrición previa: 982 297 195

Pero, isto non remata aquí! De cara aos vindeiros días anunciaremos máis novidades que, de seguro, entusiasmarán ás máis pequenas e pequenos da casa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *