Saltar ao contido

Segredos con memoria: o testemuño de Rafael Pérez de Vega

No ano 2018, varios familiares de presas e presos políticos da guerra civil e posguerra, foron invitados nun acto de recoñecemento ao O Vello Cárcere. Percorreron as estancias do centro penitenciario e metéronse na cela onde os seus antepasados estiveron recluídas e recluídos e, sentados nunha cadeira, contaron o que lembraban daquela terrible época. 

Tendo por aquel entón  estes familiares unhas idades moi temperás  (algunhas desta persoas nin sequera naceran), estas testemuñas constitúen a mirada mais inocente daquela etapa histórica: a mirada das crianzas ante unha realidade atroz.

No #segredosconmemoria de hoxe compartimos as lembranzas de Rafael Pérez de Vega que relata a vida  do seu avó, o afamado doutor Rafael de Vega Barrera, detido en xullo de 1936 e finalmente fusilado na tapia do Cemiterio de Lugo en outubro de 1936

As pezas audiovisuais, baixo o título ‘Vivencias’, foron elaboradas polo Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo e recollen testemuños de familiares de presas e presos encarcerados neste presidio durante a guerra civil e a represión franquista. Os documentais xunto con fotografías, documentos, noticias de xornais da época, obxectos pertencentes ás presas e presos e demais materiais forman parte da exposición permanente O Vello Cárcere: da guerra á posguerra’ que podedes visitar no noso centro.

Dentro dese recoñecemento ás vítimas queremos tamén enviar desde estas liñas a Rafael Pérez de Vega e a todas as familias das presas e presos políticos unha forte e agarimosa aperta.

1 pensamento sobre “Segredos con memoria: o testemuño de Rafael Pérez de Vega”

  1. Na Coruña o 24 de decembro de 2020.

    Bos días:

    Son neto dunha vítima da Guerra Civil e o meu avó coñeceu ao doutor Veiga. Foi unha persoa extraordinaria que foi inxustamente fusilada. Hoxe grazas á iniciativa dos seus familiares a través da web http://www.rafaeldevega.es podemos coñecer a súa historia para as xeracións actuais, non esquezas quen foi o doutor Rafael de Vega Barrera.

    Un cordial saúdo.

    Luís Losada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *