Saltar ao contido

Recomendacións da biblioteca de O Vello Cárcere: lecturas feministas

Dende a Biblioteca de O Vello Cárcere continuamos traballando e difundindo material literario e bibliográfico relacionado cos piares temáticos dos nosos fondos. Un deses piares é o feminismo.

Para seguir afondando en temas relacionados con este movemento social e político fundamental durante as seguintes semanas compartiremos con vós distintas recomendacións de lecturas. Hoxe traemos unha primeira listaxe con diversos artigos que descubriredes premendo nas ligazóns.

Os dous primeiros artigos servirannos para descubrir dúas figuras chave na historia do feminismo: Emmeline Pankhurst e Simone de Beauvoir. Os dous últimos teñen como tema central a sexualidade feminina e tratan cuestións moi actuais e de gran importancia, como son os conceptos de ‘consentimento’, ‘desexo’ ou ‘pracer’.

Agardamos que gocedes da lectura!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *