Saltar ao contido

Recomendacións da biblioteca de O Vello Cárcere: lecturas feministas (I)

Processed with VSCO with kk2 preset

Esta semana achegámosvos dúas deliciosas recomendacións de libros que forman parte dos fondos da nosa biblioteca:

  • El Calibán y la bruja, de Silvia Federici.

Da emancipación da servidume ás herexías subversivas, un fío vermello percorre a historia da transición do feudalismo ao capitalismo. Todavía hoxe expurgado da gran maioría dos manuais de historia, a imposición dos poderes do Estado e o nacemento desa formación social que acabaría por tomar o nome de capitalismo non se produxeron sen o recurso á violencia extrema. A acumulación orixinaria esixiu a derrota dos movementos urbanos e campesiño, que normalmente baixo a forma de herexía relixiosa reivindicaron e puxeron en práctica diversos experimentos de vida comunal e reparto de riqueza. A súa aniquilación abriu o camiño á formación do Estado moderno, a expropiación e cercado das terras comúns, a conquista e o expolio de América, a apertura do comercio de escravos a gran escala e unha guerra contra as formas de vida e as culturas populares que tomou ás mulleres como o seu principal obxectivo. 

Ao analizar a queima de bruxas, Federici non só desentraña un dos episodios máis inefables da historia moderna, senón o corazón dunha poderosa dinámica de expropiación social dirixida sobre o corpo, os saberes e a reprodución das mulleres. Esta obra é tamén o rexistro dunhas voces imprevistas (as dos subalternos: Calibán e a bruxa) que todavía hoxe resoan con forza nas loitas que resisten á continua actualización da violencia orixinaria.

Silvia Federici é profesora na Hofstra University de Nova York. Militante feminista desde 1960, foi unha das principais animadoras dos debates internacionais sobre a condición e a remuneración do traballo doméstico. Durante a década de 1980 traballou varios anos como profesora en Nixeria, onde foi testigo da nova ondada de ataques contra os bens comúns. Ambas traxectorias confluen nesta obra.

Nas seguintes ligazóns atoparedes a presentación do libro, introdución e diversas entrevistas e ponencias de Silvia Federici.



  • Mulleres e poder, de Mary Beard.

Con irónico enxeño, a coñecida erudita británica do mundo clásico presenta un manifesto revolucionario para o noso tempo, que amosa o xeito en que a historia tratou as mulleres poderosas. Os exemplos van desde Medusa e Atenea ata Merkel e Hillary Clinton. Beard examina os fundamentos culturais da misoxinia, mentres reflexiona sobre a voz pública das mulleres, sobre os nosos presupostos culturais acerca da relación das mulleres co poder e sobre as mulleres poderosas que se resisten a ser encadradas en esquemas masculinos. Tras recapacitar verbo das agresións sexistas e de xénero experimentadas persoalmente na rede, Mary sostén que se non se percibe ás mulleres dentro das estruturas de poder, entón o que hai que redefinir é o propio poder.O libro leva máis de trece edicións noutros tantos países, ademais de varias reimpresións e novas edicións no Reino Unido.

Mary Beard  é unha académica inglesa especializada en estudos clásicos. É catedrática na Universidade de Cambridge, fellow do Newnham College e profesora de literatura antiga da Royal Academy of Arts. Destacan os seus traballos de divulgación histórica.´Tamén é editora de clásicos de The Times Literary Supplement e autora do blog A Don’s Life (A vida dun Don/ o término ‘Don’ na cultura de Oxbridge é equivalente de catedrático/), publicado en The Times como unha columna regular.

Agardamos que vos gusten as nosas suxerencias!
 
 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *