Programación Continua

Como vos anunciáramos esta semana nas redes sociais, xa temos de volta a nosa Programación Continua!! 

Comeza o día 18 de outubro e as reservas xa están abertas! Son todas de balde!

Esta programación, coma a anterior, está repleta de actividades para tódolos públicos, onde converxen tradición, arte, historia, cultura, lectura, e por suposto, os traballos manuais.

Todos os obradoiros son semanais e as e os interesados en participar, deberán reservar a súa praza para cada actividade chamando ao 982 297 195 antes do día anterior do obradoiro. Cada obradoiro ten un aforo máximo de 10 persoas e cubriranse por orde de reserva. 

Pero aínda gardamos outra sorpresiña máis!

Os nosos Clubs de Lectura tamén regresan para o mes de novembro! Ratiños de Biblioteca para nenas e nenos de 8 a 12 anos e para adultos están, Feminismo: de onte e de hoxe e A Memoria Histórica. Todos eles teñen un aforo de 10 persoas cada un, e xa tedes aberta tamén a inscrición. 

Esperamos que estas actividades sexan do voso agrado e convidámosvos a todas e a todos a participar.

Agardámosvos en O Vello Cárcere!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *