Saltar ao contido

Presentación de “Mi Capitana/Mis Heroínas”

Luisa  Aguado naceu na Coruña, cidade  que abandonaría sendo moi nova, pasando a vivir dende entón en diferentes lugares coma: Santiago, Bruselas, Madrid, Lanzarote e Nova Iorque. A súa carreira como actriz comezou en Galicia,  onde actuou nas compañías teatrais: Sapoconcho, Falcatrúa e Birimbau. Máis tarde, trasladaríase  a Madrid, cidade na que seguiu estudando, mentres continuou adiante coa súa carreira teatral.  Durante este período actuará en varias series, obras de teatro e películas, entre as que podemos destacar  “Nunc et in Hora” de F. Brives pola cal foi candidata aos XXV Premios Goya na Categoría de Mellor Actriz Revelación. Máis tarde instalarase na cidade de Nova Iorque, onde seguirá a súa carreira como actriz. Nesa cidade traballa na obra de teatro, como coprotagonista, “El Casamiento del Diablo” do director Enmanuel Peralta. Estuda teatro en Madrid con Cristina Marsillach, con Christopher Geitz e en Nova Iorque con Susan Batson.

Será en 2018, no ano no que ve a luz o seu primeiro libro “Mi capitana/mis heroínas”,  un poemario no que explora  o seu interior na busca da paz, que para a autora é a esencia da “verdadeira liberdade persoal”. Para a súa realización, Luisa Aguado emprega unha voz poética forte, que vai desenvolvéndose no texto a través do verso libre, chegando a recuperar valores,  segundo as indicacións da propia autora, que  xa tiña esquecidos.  Este poemario será presentado  o 15 de abril ás  19:00h. en o Vello Cárcere, nun evento no que establecer un diálogo coas imaxes do fotógrafo Damián Varela.   

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *