Saltar ao contido

Mulleres Creadoras: Maruja Mallo

Ana María Gómez González máis coñecida como Maruja Mallo naceu en Viveiro no ano 1902, aínda que ela en moitas entrevistas adoitaba dicir que nacera no ano 1909, por isto de quitarse anos.

Naceu no seo dunha familia numerosa, formada por 14 fillos, onde ela ocupaba a cuarta posición. Maruja Mallo dende ben cativa foi mudando continuamente de fogar debido á profesión do seu pai, que era funcionario do Corpo de Aduanas. Estando residindo en Avilés comeza os seus estudos artísticos na Escola de Artes e Oficios de Avilés, posteriormente deu o salto á Madrid, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando

Estando na Escola de San Fernando fai amizade con artistas da talla de Salvador Dalí, pero foi na Residencia de Estudantes onde ela faría un maior número de contactos con artistas de diferentes disciplinas como Federico García Lorca, Luis Buñuel e Rafael Alberti entre outros. Dende entón foi respectada e integrada como unha integrante máis da Xeración do 27.

A súa primeira exposición tivo lugar nas instalacións da Revista de Occidente fundada e dirixida por José Ortega y Gasset. Esta exposición supuxo un antes e un despois na vida artística de Maruja Mallo, as críticas recibidas levarona a ocupar as posicións máis altas da vida cultural madrileña. Federico García Lorca dixo da súa exposición que Son os cadros que vin pintados con máis graza, imaxinación, sensualidade e tenrura”.  

A obra de Maruja Mallo destaca pola súa visión persoal do surrealismo diferenciándose dúas etapas marcadas, a primeira é a etapa colorida onde os cadros eran unha explosión de tonalidades, e por outra banda, a segunda etapa, é a escura onde foxe das cores rechamantes e só emprega tons sombríos para retratar, na maioría dos casos, corpos inertes carentes de vida. 

Tralo golpe de estado do 36, Maruja Mallo vese na obriga de emigrar fóra do país e comeza unha serie de viaxes que a levarán a vivir en Uruguay, Arxentina, Brasil e Nova York entre outros países. Depois de 25 anos consegue retornar a España no ano 1962.

Maruja Mallo falece no ano 1995 aos 93 anos en Madrid.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *