Saltar ao contido

Garita de control: a resposta

Seguimos a descubrir pequenos detalles da historia do edificio coas preguntas que lanzamos nas nosas redes sociais. Onte formulabamos a cuestión respecto da ubicación da torre de vixía.

O corpo de vixilancia ou garita de control do panóptico de O Vello Cárcere alzábase sobre o actual octógono de madeira que podedes ver no centro do chan do patio interior do cárcere.

A torre orixinal foi retirada para converter o espazo do panóptico no que hoxe en día é: unha sala de eventos culturais, onde teñen lugar inauguracións de exposicións, concertos, pezas de teatro e danza, faladoiros, visitas guiadas…

lamina VC Octogono-01

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *