Saltar ao contido

Exposición temporal “Un Mundo de Títeres”

A pesar de que a orixe dos monicreques non está do todo clara, a súa proliferación ao longo de
todo o mundo, é boa mostra da súa importancia cultural, e da relevancia que tiñan e teñen na
vida cotiá das diferentes poboacións. Deste xeito, existen numerosos exemplos dos diferentes
tipos de monicreques que ao longo da historia, serviron para entreter tanto en actos relixiosos,
como de ocio e divertimento.
Algúns dos diferentes tipos de monicreques presentes na tradición mundial poden ser: os de
sombras, típicos de países orientais; os Karagöz de Turquía; os Neuropasta, que eran os
monicreques da Antiga Grecia; ou os presentes nas diferentes culturas da América
Precolombina.
En Galicia tamén contamos cunha longa tradición de monicreques, do que é unha boa mostra
o teatro ambulante de Barriga Verde, o cal percorreu as cidades, vilas e pobos de Galicia
durante a primeira metade do século XX, producindo as gargalladas de milleiros de nenos e
nenas pero tamén de adultos.
Se queredes saber máis sobre a historia dos monicreques, e coñecer de preto esta arte, non
vos podedes perder a exposición temporal “Un Mundo de Títeres”. A cal podedes visitar na
segunda planta das Celas de Mulleres ata o 30 de outubro.

Referencias:

Exposición: “Un Mundo de Títeres”.

https://www.facebook.com/TiteresViravolta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *