Saltar ao contido

Exposición temporal “Só madeira”

Feita a partir de madeira de árbores autóctonas, a exposición “Só Madeira” de Pepe López é unha proba da súa técnica e agarimo á hora de tratar este material. Consciente da relevancia deste tipo de madeira, cada unha das súas tallas son tratadas coa maior precisión posible, algo que fica patente na súa feitura.

A través dunha técnica e estilo que foi depurado ao longo dos anos, Pepe López consegue tocar diferentes temáticas, nas que sen dúbida, a figura humana ten unha presencia destacada. Unha figura que nas súas esculturas aparece sen rostro,  outorgándolle deste xeito toda a carga expresiva ao corpo.

A mostra, que discorre polas celas da segunda planta de mulleres, poderá visitarse ata o 10 de xaneiro de 2022.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *