Saltar ao contido

Exposición temporal “Atlas del Arte español”

“Trátase dunha máquina para pensa-las imaxes, un artefacto deseñado para facer salta-las correspondencias, para evocar analoxías”

Así definía o historiador da arte alemán Aby Warburg (1866-1929) o seu Atlas Menmosyne, unha recopilación de obras de distintas épocas en bloques temáticos que supuxo un antes e un despois para a Historiografía da Arte. Este atlas transversal abrira unha nova vía de estudo transversal cun interese non tanto no formal, senón no psicolóxico da creación artística.

Deste concepto bebe a nosa nova exposición temporal “Atlas del Arte español”, conformada por un total de 146 pezas procedentes da Colección Aitor Merino Martínez. Nela convive unha interesante representación da obra gráfica, pictórica e escultórica comprendida entre finais do século XIX e o presente, cuxa organización temática convida a establecer infinitas conexións e diálogos entre elas e mais co propio espectador.

A mostra, situada nas celas da planta baixa e do primeiro andar do panóptico, estará con nós ata mediados do mes de setembro.

Fontes bibliográficas: 

MOLINERO AYALA, F. et alii, LAMP: El libro del artista como materialización del pensamiento, Madrid: UCM, 2015.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *