Saltar ao contido

Exposición temporal “As Pequenas Cousas”

“As pequenas cousas. De como os obxectos gardaron unha memoria perseguida” é a nova exposición temporal que temos instalada no segundo andar do bloque de mulleres.

Organizada por “Mapas de Memoria” e a “Unidad de Cultura Científica” e o “Centro de Estudios de Memoria y Derechos Humanos” da UNED, esta mostra relata as historias das persoas perseguidas e represaliadas polo franquismo a través de obxectos, fotografías, cartas e diferentes documentos persoais. Trátase de pequenas cousas cotiás nas que a lembranza das e dos desaparecidos, apresados ou asasinados queda aínda latente, e que nos serven hoxe para dignificar a súa memoria e evitar que as súas vidas caian no esquecemento.

Poderá visitarse ata o 30 de setembro.

Fontes bibliográficas:

Créditos da imaxe: Fotografía “Pedras con manchas de sangue de Ángel Ruiz” – Colección particular da familia Ruiz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *