Saltar ao contido

Exposición ‘KINETIKO’ de Xirapaus

KINETIKO é un proxecto que nace no ano 2020 a través do bo facer de Xirapaus, unha iniciativa do xogueteiro Manu Taboada e do monicrequeiro Ero Vázquez. A exposición KINETIKO consiste nun conxunto de autómatas que coa axuda dos seus mecanismos  e do movemento que xeran, cóntannos historias, tocan música, mostran como se realizaban antigamente os efectos especiais, e fannos reflexionar sobre a nosa relación co medio.  Con este proxecto os seus creadores pretenden demostrar que calquera persoa, por moi adulta que sexa, pode desfrutar dos xoguetes e dos monicreques.

A primeira exposición na que participou o proxecto KINETIKO é a V edición do Titiriberia, un festival de títeres tradicionais, organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo. Dende entón, grazas en gran parte á boa acollida que tiveron no festival, os seus artífices decidiron levar a  mostra a diferentes lugares, sendo un destes O Vello Cárcere, onde estará dispoñible dende o día 29 de Abril ao 30 de Xuño.

Non volas perdades!

Fonte: Historias a golpe de manivela. Silvia Iglesia. El progreso 28 de Decembro de 2020.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *