Saltar ao contido

A tribuna: resposta

Onte amosabamos unha parte moi especial do fermoso panóptico que conforma o patio interior do cárcere. Un espazo formado por 21 fiestras con celosía e unha porta, situadas en dous andares que se suxeitan por columnas de fundición.

Esta tribuna foi deseñada para que as mulleres puideran presenciar e escoitar a misa – sen ser vistas polos homes – cando o sacerdote oficiaba o servizo relixioso na torre dos vixías.

Alguén de vós acertou a resposta? Nas visitas guiadas ofrecemos este e outros detalles de interese da historia do edificio. Na pestana de visitas guiadas tedes toda a información sobre as mesmas.

OVC_celosías

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *