Saltar ao contido

Biografía exposición ‘Elas’: a resposta

De quen é a biografía que aparece nesa páxina?  esta era a pregunta que lanzabamos onte nas nosas redes sociais. 

A biografía que vemos na imaxe é a de Prudencia Grifell nacida en Lugo o 22 de decembro de 1876. Filla do actor cubano Antonio Grifell  e Josefa Masip, actriz española.

Prudencia viviu en Lugo a súa infancia ata os 10 anos, momento no que a familia marchou a Venezuela. Nese país foi tamén onde coñecería ao que  máis tarde sería o seu marido, o actor Paco Martínez.

A súa carreira profesional foi a de actriz de teatro de revista, acadando grandes éxitos en México e España. Na última etapa da súa vida deu o salto, en México, ao mundo da televisión e ao do cine. Faleceu o 7 de xuño de 1970 en México aos 93 anos. 

OVC_PrudenciaGrifell

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *