Saltar ao contido

3º Aniversario do Centro sociocultural O Vello Cárcere

O 30 de marzo de 2017 abría as súas portas ao público O Vello Cárcere como centro sociocultural na cidade de Lugo. Despois de varios anos de restauración e rehabilitación de todos os edificios que conformaban o antigo recinto penitenciario, tomaba forma definitiva o que agora coñecemos como O Vello Cárcere.

Polas nosas instalacións pasaron milleiros de persoas con ánimo de descubrir a historia e a arquitectura deste conxunto de edificios nas visitas guiadas, compartiron cos nós os seus coñecementos nos diversos coloquios, charlas, xornadas e demáis relatorios, disfrutaron da sonoridade do patio interior nos concertos e espectáculos teatrais e de danza que acubillaron, das performances, das exposicións de arte e das presentacións literarias… 

Un centro vivo, activo e con ganas de seguir enchendo os seus muros de cultura e de participación cidadá. Moitas grazas e por moitos anos máis xuntos!

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *